O Concello de Barreiros presenta un programa de actividades infantís virtuais
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros presenta un programa de actividades infantís virtuais dentro dun programa que leva por título O Nadal Máis Caseiro.
21 Dec 2020
O Concello de Barreiros presentou este ano a súa proposta para o Nadal, que consistirá en diferentes actividades para realizar os nenos na casa dentro dun programa que leva por título O Nadal Máis Caseiro.
Así, dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro haberá unha actividade diferente cada día que poderá consultarse a través das redes sociais do Concello de Barreiros onde se colgarán vídeos ou instrucións para realizalas. "Este ano tan especial, no que non podemos desfrutar tanto das rúas e das amizades como de costume, é necesario ser responsables e continuar a demostrar que cumprimos as normas", explican.
Todas estas actividades están pensadas para desfrutar en familia, e en moitos casos con materiais de refugallo. Polo que o Concello xa fixo pública unha listaxe dos materiais que se necesitarán para os que queiran ir facendo acopio, pero en cada publicación farase mención específica para a actividade que toque ese día.