O Concello de Barreiros pon en marcha as tarxetas moedeiro para axudar á veciñanza

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcaldesa do Concello de Barreiros puxo en coñecemento da veciñanza que a Consellería de Política Social Cruz Vermella, convocan as axudas Para persoa e vulnerabilidade económica pola crise e serán en forma de tarxetas moedeiro.
8 Xul 2020

Estas achegas económicas están destinadas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID 19, articulado a través de tarxetas produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

Os beneficiarios son residentes en Galicia en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal ou familiar de RISGA e non son perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual.

Para maior información como para a tramitación de solicitudes haberá que acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros.

0.12841415405273