O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín
TerraChaXa | AMariñaXa
6 Mar 2019
O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín para o día 6 de abril.
Dentro do programa da excursión a Lalín hai programadas varias visitas a sitios culturais e tradicionais como a casa do Patrón, a sala de arqueoloxía do Castro Doade, a casa Castrexa, o Castro de Doade, o Pazo de Liñares e o Museo Galego da Marioneta. Ademais haberá unha degustación dun cocido típico da zona.
A excursión ten un prezo de 25 euros por persoa e as inscricións poden facerse na Oficina de Turismo do Concello dende o 6 ao 29 de marzo.