O Concello de Barreiros inicia encontros nas parroquias para recoller demandas

AMariñaXa
O Goberno municipal inicia os encontros nas parroquias a vindeira semana, para charlar coa veciñanza, informar e recoller demandas.
falemos de barreiros encontros municipais 1
29 May 2022

O Goberno municipal inicia os encontros nas parroquias a vindeira semana, para charlar coa veciñanza, informar e recoller demandas.

A primeira delas será o luns 30 de maio ás 16.00 no centro social de Cabarcos, onde se poderán intercambiar opinións, pensamentos e propostas, por iso dende o Goberno local piden á veciñanza asistir.

Nos seguintes días terán lugar no resto de parroquias: San Cosme, Vilamartín Pequeno, San Xusto, San Miguel, Celeiro, Reinante e Benquerencia.

0.17167210578918