O Concello de Barreiros e as ANPAS colaboran na nova oferta de actividades deportivas e extraescolares

AMariñaXa
As actividades, que comezarán en outubro, abranguen unha ampla variedade de disciplinas para fomentar a conciliación e o benestar das familias
Imaxe da presentación de actividades de Barreiros
12 sep 2024

O Concello de Barreiros, en colaboración coas ANPAS dos colexios San Cosme e San Miguel, presentou a nova programación de actividades deportivas e extraescolares para o curso 2024-2025, que dará comezo en outubro. Esta iniciativa conxunta busca facilitar a inscrición das familias e mellorar a conciliación, evitando a coincidencia de actividades similares.

O Concello ofrecerá un total de 13 disciplinas, con 7 dirixidas a crianzas e 6 a persoas adultas. Entre as novidades destacan as incorporacións de Karate e Skate, que complementarán a tempada de Surf. Outras actividades inclúen atletismo, fútbol sala, natación e patinaxe para os máis pequenos, mentres que os adultos poderán participar en ximnasia de mantemento, ioga, zumba, espalda saudable, pilates e baile.

Segundo o concelleiro de dinamización, Dani García, a prioridade destas actividades é fomentar a práctica deportiva planificada, tendo sempre en conta o benestar das persoas participantes.

As ANPAS, pola súa banda, presentaron unha oferta coordinada que inclúe mecanografía e ofimática, xadrez, música creativa, combo de cociña, arte e ciencia, e ioga en familia, unha novidade no concello. Esta colaboración entre as ANPAS e o Concello marca a primeira vez que traballan conxuntamente para propoñer unha oferta de actividades harmonizada.

 

 

0.11743593215942