O Concello de Barreiros busca socorristas para o verán

AMariñaXa
O Concello de Barreiros aprobou as bases para a bolsa de emprego de socorrismo nas praias municipais durante a tempada de verán.
socorrismo
30 Abr 2021

O Concello de Barreiros aprobou as bases para a bolsa de emprego de socorrismo nas praias municipais durante a tempada de verán.

Os interesados teñen dez días hábiles para a presentación das solicitudes no rexistro do Concello, que ten horario de 9.30 a 14.30 horas, ou a través da sede electrónica.

Para ser admitidas na lista as persoas aspirantes deberán ser maiores de 16 anos, posuír as aptitudes físicas e psíquicas necesarias, ter o curso de salvamento e socorrismo acuático en vigor, así como o de primeiros auxilios e estar inscritos no Rexistro de socorristas de espazos acuáticos naturais da Xunta de Galicia.

0.18362998962402