O Concello de Barreiros amplía ata os 14 anos a idade para asistir á escola de Skate
AMariñaXa
O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro
28 Out 2024
O Concello de Barreiros amplía a idade para asistir á escola de Skate. En vista do interese por participar nesta actividade, o Goberno local modifica as bases das Escolas Deportivas Municipais para que a rapazada de 13 e 14 anos tamén se poida anotar en Skate.
O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro e impartirase todos os xoves de 16:00 a 17:15 h. No pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.
As persoas interesadas pueden inscribirse nas oficinas do Concello onde se vos facilitará a folla de inscrición ou tamén través da sede electrónica municipal ata cubrir as prazas.