O Concello de Barreiros adquiriu un novo camión basculante
O Concello de Barreiros adquiriu un novo camión basculante que supuxo unha inversión de 35.641,07 euros con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, foi presentado na Praza do Concello pola alcaldesa Ana Ermida, quen estivo acompañada polo concelleiro Antonio Veiga e as concelleiras Carmen Veiga e Montse Porteiro.
O camión está equipado cunha caixa basculante e un motor diesel de 145 cv con tecnolixía AdBlue, o que reduce de maneira significativa as emisións contaminantes que estes vehículos chegan a xerar.
Dentro dos servizos que prestará este novo camión, atópase o servizo de recollida de podas e enseres voluminosos que o Concello de Barreiros ven facendo semanalmente de cara a facilitar, a toda a veciñanza, unha xestión de aqueles residuos que se xeran nos domicilios e que, polo seu tamaño ou peligrosidade, non poden nin deben depositarse a carón dos colectores de lixo distribuídos polo municipio.
Lembran que para solicitar este servizo gratuíto de recollida de obxectos voluminosos hai que chamar ao 982 124 002.
Os voluminosos a recoller deben depositarse na entrada do domicilio igual que os restos vexetais, que deben estar en bolsas pechadas sempre que sexa posible. Se o material non o permite, por ser pólas ou ramallos, deben prepararse gavelas amarradas dun máximo de 50cm de diámetro e 1 metro de lonxitude, a efectos de facilitar a recollida.