O Concello de Barreiros acomete novas melloras na rede de abastecemento de auga

AMariñaXa
Os traballos centraranse na zona da Anguieira e incluirán a substitución de tubaxes obsoletas e chaves de corte
BARREIROS-sustitucion-tubaxes-e-chaves-auga-2025
3 Oct 2025

O Concello de Barreiros continuará a vindeira semana co plan de modernización da rede municipal de abastecemento de auga potable. A actuación desta ocasión levarase a cabo na zona da Anguieira, onde se prevé a substitución de varios treitos de tubaxes en mal estado, así como das súas correspondentes chaves, co obxectivo de segmentar mellor a rede e optimizar o seu funcionamento.

Segundo informaron dende o propio consistorio, as obras darán comezo o luns 6 de outubro e contarán cun prazo máximo de execución de 15 días, aínda que se confía en rematar antes se as condicións o permiten.

Durante o tempo que duren os traballos, poderán rexistrarse interrupcións puntuais no subministro de auga, así como restricións ocasionais no tráfico rodado. O Concello pide á veciñanza que respecte as sinalizacións colocadas na zona e agradece de antemán a comprensión polas molestias que se poidan causar.

⚙ Configurar cookies
0.067092180252075