O Concello de Barreiros acolle un taller de planificación e organización
AMariñaXa
O Concello de Barreiros acolle un taller de planificación e organización. Será do 15 ao 17 de febreiro en horario de 9 a 14 horas.
7 Feb 2022
O Concello de Barreiros acollerá do 15 ao 17 de febreiro un taller de planificación e organización para persoas con discapacidade en situación de desemprego.
Este obradoiro está a cargo de Inserta-Fundación ONCE e será na Aula Cemit en horario de 9.00 a 14.00.
Para asistir será necesario reservar praza xa que é unha formación gratuíta e con bolsa de 10 euros por día de asistencia.
Para máis información haberá que chamar ao teléfono 663 061 723.