O Concello de Alfoz xestiona axudas e becas para estudantes
Desde esta área do Goberno municipal do Concello de Alfoz, un ano máis estase a ofertar a tramitación para estudantes de niveis postobrigatorios como FP, Bacharelato e grados das Becas do Ministerio de Educación.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do teléfono do Concello 982 558 001 na extensión 2 para informarse e concertar cita para tramitar as solicitudes.
Ademais o Concello conta con axudas aos gastos de desprazamento do alumnado que, unha vez rematados os seus estudos no IES Alfoz-Valadouro onde só se imparte Educación Secundaria, continúan en Bacharelato ou FP nos centros educativos da Mariña.
A previsión é que se poidan solicitar a partir de outubro e a súa tramitación tamén se leve a cabo, como no curso pasado a través da Concellería de Atención á Veciñanza.
Na web municipal está dispoñible a información resumida dos contidos da reunión informativa que se celebra por parte do Concello antes do inicio de curso: becas, cómo solicitar a tarxeta de transporte para o servizo de bus, EDM, actividades de igualdade, servizos da biblioteca, etc.