O Concello de Alfoz suma unha nova persoa centenaria co 100 aniversario de María Edelmira Legaspi

AMariñaXa
María Edelmira Legaspi Trelles vén de facer 100 anos, sumándose á lista de persoas centenarias do Concello de Alfoz e celebrou o seu 100 aniversario rodeada da familia en Carballido.
Aniversario Edelmira Alfoz
Aniversario Edelmira Alfoz
10 Feb 2024

María Edelmira Legaspi Trelles vén de facer 100 anos, sumándose á lista de persoas centenarias do Concello de Alfoz e celebrou o seu 100 aniversario rodeada da familia en Carballido.

Con motivo desta celebración, achegáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha placa e un ramo de flores.

A alcaldesa afirma que “é unha honra contar no noso Concello con persoas que teñen unha gran experiencia na vida e dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario".

0.18852019309998