O Concello de Alfoz selecciona un limpador

AMariñaXa
O Concello de Alfoz ten aberto un proceso de emprego público para a selección de persoal dun limpador dentro do fomento do emprego
casa do concello de alfoz
29 Ago 2022

O Concello de Alfoz ten aberto un proceso de emprego público para a selección de persoal dun limpador dentro do programa de fomento do emprego 2022.

A duración do servizo será de 10 meses desde o nomeamento como funcionario interino e cun límite temporal enmarcado no 31 de outubro de 2023.

O prazo de presentación será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP, é dicir, o 5 de setembro.

A solicitude pode presentarse de maneira presencial no Rexistro xeral do Concello de Alfoz e tamén podense consultar as bases aquí.

0.19408488273621