O Concello de Alfoz repartirá un ano máis composteiros entre a veciñanza

AMariñaXa
O Concello de Alfoz prepara unha nova campaña de compostaxe doméstica a través do convenio con Sogama e a entrega de composteiros
1 CARTEL COMPOSTAXE DOMÉSTICA 2023
27 Feb 2023

O Concello de Alfoz prepara unha nova campaña de compostaxe doméstica a través do convenio con Sogama. Nela, o Concello inicia unha nova entrega de composteiros gratuitos a todos veciños e veciñas interesados.

Ademais, Sogama impartirá unha sesión formativa para coñecer as técnicas de elaboración de compost e os seus beneficios. Conseguir un abono de calidade cos restos de comida, da horta e do xardín, reducir o lixo do contedor verde e coidar do medio ambiente son os obxectivos principais do fomento da compostaxe caseira.

Só hai que pasar polo Concello para facer a solicitude do composteiro. Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001.

CARTEL COMPOSTAXE DOMÉSTICA 2023
0.16099405288696