O Concello de Alfoz prepara unha reunión para informar dos programas para estudantes e familias

AMariñaXa
O Concello de Alfoz prepara unha reunión para informar dos servizos e programas municipais para estudantes e familias.
REUNIÓN CURSO 22 23 1221
17 Ago 2022

O venres, 26 de agosto ás 19.30 horas no salón de actos da casa da cultura do Concello de Alfoz haberá, como todos os anos anteriores, unha reunión para informar dos servizos e programas municipais para estudantes e familias.

Estes programas son o de conciliación no CEIP Castro de Ouro que inclúe o de Madrugadores, inglés, OES (ocio e estudo); servizo de tramitación de becas do Ministerio de Educación; becas municipais de transporte para estudantes; escolas deportivas municipais; servizos da biblioteca, melloras e novidades; axendas coeducativas, etc....

0.19971203804016