O Concello de Alfoz organiza unha charla informativa sobre consultas médicas

AMariñaXa
A sesión terá lugar o 28 de febreiro no Centro Sociocultural de Alfoz e ofrecerá recomendacións útiles para a cidadanía
Imaxe recurso de médicos
21 Feb 2025

O Concello de Alfoz, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza unha charla informativa baixo o título Recomendacións ante unha consulta médica. O evento terá lugar o mércores 28 de febreiro, ás 10:30 horas, no Centro Sociocultural de Alfoz.

Esta iniciativa busca ofrecer consellos prácticos para optimizar as visitas médicas, facilitando a comunicación entre pacientes e profesionais sanitarios. As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición ata o 24 de febreiro no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982 55 80 01.

A charla enmárcase dentro das accións de educación para a saúde promovidas polo Concello e conta co apoio da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

0.17320489883423