O Concello de Alfoz organiza un curso de reciclado de roupa

AMariñaXa
O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos
1 alfoz taller reciclado roupa
19 Apr 2022

O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente.

As persoas sempre acaban tendo un montón de roupa que deixan de usar por distintos motivos, por iso piden depositala no contedor de textil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén pódese darlle unha segunda oportunidade.

Este taller de transformación de roupa será os sábados 7, 14, 21 e 28 de maio en horario de 17.00 a 20.00 horas na casa da cultura e terá prazas limitadas.

As persoas interesadas poden anotarse chamado ao 982 558 001 (ext.2) ou para solicitar máis información.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19404482841492