O Concello de Alfoz organiza un curso de autodefensa para mulleres
O Concello de Alfoz programa para o sábado 3 de decembro un curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas. Será na aula Omix da casa da cultura de Alfoz e en horario de 10.00 a 14.00 pola mañá e de 16.00 a 20.00 pola tarde.
Está dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. E é totalmente gratuíta..
As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 982 558 001 (ext. 2) antes do 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información.
Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.
"É a segunda edición que se leva a cabo en Alfoz e podemos decir que o ano pasado contamos cun importante número de participantes de toda a Mariña e a valoración foi tan positiva que voltamos a solicitalo este ano porque consideramos que é fundamental dotar as rapazas e mulleres de ferramentas para poder previr e afrontar situacións difíciles que desgraciadamente suceden", din dende o concello alfocego, "non só se aprenden técnicas sinxelas pero efectivas de autodefensa, é ademais un espazo de posta en común no que se aprende unhas doutras. Temos que destacar tamén a gran labor de Manuel Herbón, encargado de impartir o curso, especialista da Federación Galega de Loita pertencente as Forzas de Seguridade do Estado co que volveremos a contar nesta ocasión".