O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos mpadroados no municipio.
104496388_2547028498890869_2560092436695315283_n
12 Nov 2020

O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no municipio, con idades entre os 3 e os 16 anos.

O prazo de presentación das postais remata o 11 de decembro e deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada traballo terá que ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada e cada participante só poderá presentar unha obra, que terá que ser orixinal e inédita.

A técnica empregada será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage. As postais estarán feitas sobre cartolina de tamaño A5 (DIN A4, folio normal dobrado pola metade). A temática terá que estar relacionada con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social por ser racista, sexista, xenófobo ou ilegal.

Establécense tres categorías: Infantil, ata 5 anos; Primaria, de 6 a 12 anos; e Secundaria, a partir de 12 anos.

Haberá un premio por cada categoría e as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz como calendario de 2021. Ademais entregarase diploma de participación a todos os inscritos/as.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17534685134888