O Concello de Alfoz inicia obras do Plan Único do ano pasado
O alcalde de Alfoz, Jorge Val, indicou que o Concello está á espera dos permisos de Augas de Galicia que lles permitan iniciar as obras de reposición da ponte de Guilifonso. Esta ponte foi derrubada durante un temporal por unha enchente.
Naquel momento a ponte quedou totalmete destruída e o obxectivo agora é a súa reposición dende o inicio.
As obras de construción teñen un orzamento de 100.000 euros e en canto estea o permiso licitaranse as mesmas.
Por outra banda, tamén anunciou que estes días deron comezo as obras correspondentes ao Plan Único do 2020, pero foron retradas ata este momento cuestiós climáticas.
As obras consistirán na reposición do firme e amaño de camiños nas parroquias de Caballido, Adelán e Lagoa, entre outras.
Así mesmo, en próximas licitarase tamén as obras correspondentes ao Plan Único desta anualidade.
Así, o proxecto reparte os cartos en catro eixes principais. Por unha parte hai un grupo de traballos baixo o epígrafe de alumeados. Son obras e instalacións necesarias para dotar de alumeado público varios barrios localizados en distintas parroquias do Concello. En todos os casos trátase de ampliacións ou reformas en instalacións existentes. Ademais, nalgúns outros casos trátase de unificar unidades co fin último de baixar o número de contratos de subministración.
As localizacións onde se farán son Gatofero, A Grela, O Rizal, A Cruz e Pazos (na Lagoa); Acivro, Faián de Abaixo, A Croa e Rozas (O Pereiro); Río das Donas, na parroquia de Oiras, As Leas, Canaledo e O Castrillón, en Bacoi; Barral, Santa Mariña, Correlos e O Liñar (A Granda), en San Pedro de Mor e A Orden, en Adelán.
Así mesmo, continuarán con traballos de pavimentación de accesos a varios núcleos rurais como Vao, A Grela, Correlos, Couto de Abaixo, A Lama, A Nespereira, Canadouras e A Cabanela.
Otra das obras previstas é a rehabilitación da Fonte da Grela, onde se realizarán traballos de rehabilitación e restauración da fonte. Trátase dunha edificación que orixinariamente ten sido unha fonte pública, que nos anos setenta converteuse nun lavadoiro veciñal. Nesa época cubriuse o espazo colindante coa fonte e habilitáronse catro lavadoiros.
A última partida irá destiñada para equipamento para o centro social xuvenil e da terceira idade. A intención é a adquisición de mobiliario para a Biblioteca Pública de Alfoz, nova iluminación para o escenario do salón de actos para o que se adquirirán vinilos e estores. Tamén se realizará a renovación de luminarias do centro social e a substitución de fluorescentes por led.