O Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía
O Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía nas redes sociais. Terán que realizar unha instantánea "da estrela do Castelo de Pardo de Cela". Unha vez teñan a fotografía deberán seguir a @turismoalfoz, comentar a publicación sobre o concurso e subila en Facebook ou Instagram.
Afirman que se segues todos os pasos "tes premio asegurado" e para recollelo haberá que pasar en horario de apertura da Oficina de Información Turística. Isto sería Venres de 15.00 a 18.30 horas ou sábado, domingo e festivos de 10.30 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.30 horas.
O Castelo de Castrodouro é unha das xoiais de Alfoz e ten a súa orixe nun asentamento castrexo de comezos do século I d.C. Ao longo da súa historia estivo ocupado por personaxes tan importantes de Galicia como o Mariscal Pardo de Cela.