O Concello de Alfoz continúa coas reunións veciñais para o Orzamento 2023

AMariñaXa
O Concello de Alfoz continúa un ano máis coas reunións polas parroquias para que os veciños fagan as súas suxerencias cara ao Orzamento
alfoz orzamentos participativos
2 Nov 2022

O Concello de Alfoz continúa un ano máis coas reunións polas parroquias para que os veciños e veciñas fagan as súas suxerencias cara ao Orzamento Municipal de 2023.

Estas xuntanzas son para escoitar as demandas da veciñanza pero tamén un espazo informativo no que o grupo de goberno explica as obras e servizos que se están a levar a cabo o programadas para un futuro próximo, así como para tratar calquera tema que os cidadáns queira plantear co obxectivo de, entre todos, seguir mellorando o Concello de Alfoz.

Así, no mes de novembro, están programadas as reunións ás 20.00 horas na Escola da Pinguela en Lagoa para o venres 4 de novembro, no Trece en Carballido o venres 11 e na Escola de Bacoi para o venres 25.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1874098777771