O Concello de Alfoz continúa co reparto de composteiros
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz continúa co reparto de composteiros entregados por Sogama e a partir do luns 22 de xuño realizarase a entrega do composteiro e o material didáctico a cada un dos veciños inscritos como demandantes destes.
11 Xuño 2020

Farase de xeito individual cunha cita previa que se establecerá chamando por teléfono con cada unha dos usuarios.
Na páxina web do Concello poñerase material informativo sobre cómo elaborar compost e desde a Concellería de Medio Ambiente municipal ofértase un servizo de asesoramento e resolución de dúbidas, así como o seguemento do programa.
Actualmente hai 22 demandantes e 25 composteiros, polo que ata o xoves 18 de xuño pódese solicitar un composteiro ata rematar existencias.