O Concello de Alfoz conta con becas de transporte para estudiantes
Tendo en conta que o IES Alfoz-Valadouro só conta con Educación Secundaria e, polo tanto, o alumnado que continúe os seus estudios postobrigatorios debe desprazarse a centros educativos da Mariña para cursar BAC e/ou FP, o Concello de Alfoz oferta unha serie de bolsa ao transporte.
Estas achegas son de ata 400 euros por estudiante e curso para axudar cos gastos e este ano ademáis inclúense tamén axudas de ata 440 euros para o alumnado con diversidade funcional de Centros de Formación Ocupacional da Mariña.
Para máis información e tramitación das bolsas poden poñerse en contacto no teléfono 982 558 001 (ext. 2) ou na casa do Concello.
Por outra banda, conta con subvencións municipais de concorrencia competitiva: culturais, deportivas, educativas e formativas. Proximamente publicaranse as bases das axudas municipais nos distintos eidos para premiar o dinamismo das distintas asociacións, clubes, centros educativos, etc. de Alfoz.
Poderán optar a estas subvencións deseñadas co fin de axudar economicamente á labor que realizan ao longo de todo o ano. Para máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).