O Concello de Alfoz adhírese ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía

TerraChaXa | AMariñaXa
O Pleno de Alfoz aprobou este mes por unanimidade a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía, o maior movimiento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático.
6 Mar 2019

O Pleno de Alfoz aprobou este mes por unanimidade a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía, o maior movimiento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático.
A adhesión implica asumir os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2, ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables.
Ademáis, supón a adopción de medidas de adaptación fronte aos riscos e vulnerabilidades aparelladas ao cambio climático, como son as secas, a elevación do nivel do mar, ou unha maior frecuencia dos episodios de temperaturas extremas e chuvias torrenciais.
Neste Pleno tamén se falou da adhesión ao programa de Vivendas Baleiros das antigas escolas, xa que cambiou a normativa. Trátase de rehabilitar as antigas casas de mestres de titularidade municipal co obxecto de que se destinen, en réxime de aluguer, a residencia habitual e permanente de familias con reducidos ingresos económicos.
Outro punto do día foi a reelección da xuíz de paz Mercedes Fernández Río. Ademais no pleno tamén se aprobou a renovación da contratación da xestión do servizo de axuda no fogar.

0.18850612640381