O Concello da Pontenova informou dos lugares e datas do punto limpo móbil
O Concello da Pontenova informou que o punto limpo móbil xa está en marcha e por iso comunicaron os lugares e datas. O punto limpo dispón de 8 bocas, unha por cada tipo de residuo perfectamente identificadas con nome e imaxe.
O obxectivo destas máquinas é contribuír a mellorar e ampliar a xestión dos residuos especiais de competencia municipal co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización, ao tempo que se evita a proliferación de puntos de vertedura incontrolada.
Esta nova dotación é un camión equipado cun gancho multibasculante hidráulico e unha caixa que incorpora un módulo portacontedores para o depósito de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE), pilas, baterías e outros refugallos.
PUNTOS
Abril: Conforto - arriba da igrexa
Maio: Vilaboa - explanada da tenda de Manolo
Xuño: Vilarmide - escola
Xullo: Xudán - parede nova
Agosto: Vilaoudriz - atrio
Setembro: Bogo - casa de Bras
Outurbo: San Esteban - atrio