O Concello da Pontenova compra 3.000 máscaras para repartir aos veciños

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou que o Concello adquiriu 3.
118155121_4229250300479379_6869973446454140920_o
17 Abr 2020

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou que o Concello adquiriu 3.000 máscaras que serán repartidas a todas as veciñas e veciños da vila. Explicou tamen que “este pedido sanitario chegará ao Concello a finais desta semana ou a principios da semana que ven, e serán entregadas nos domicilios, porta a porta polo propio Concello”.

Campos Conde explicou tamén que “o Concello modificará as ordenanzas municipais para eximir do pago dos recibos de auga e do lixo ás empresas e establecementos que tiveron que pechar polo COVI-19 na nosa vila. Estamos nun momento delicado e dende o Concello temos que contribuír a que todo o noso tecido empresarial e os nosos autónomos poidan voltar abrir as portas dos seus comercios, xa que son vitais nunha poboación pequena como a nosa”, remarcou.

O rexedor dixo  que “todos os usuarios e usuarias das escolas deportivas, teatro ou música dependentes do Concello, teñen suspendidas o cobro das taxas municipais. As familias son o primeiro e non queremos deixar a ninguén atrás”.

Mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños

Por útimo enviou unha mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños. “É moi importante seguir coas recomendacións de sanidade para superar esta crise. Quedarse na casa é a mellor opción, dende o Concello seguimos traballando para que todos e todas poidamos voltar pronto á normalidade”, resumiu. 

0.16220998764038