O Concello da Pontenova comezou a restauración da ruta do Muíño dos Namorados

AMariñaXa
A localidade pontenovesa ofrece unha nova edición da súa ruta de tapeo, os días 25 e 26, en numerosos establecementos hostaleiros
estauracion muino namorados pontenova 2023
26 Aug 2023

O Concello da Pontenova comezou a restauración Muíño dos Namorados para que nun futuro ademais de ser un lugar clave na ruta homónima, sirva para facer demostracións sobre o uso da edificación.

Estas obras previsiblemente comezarán estes días e consistirán na restauración do muíño por completo e poñer a maquinaria a funcionar como estaba antigamente. Así, nun futuro "podería servir para facer demostracións de como era este tipo de traballo", din dende o Concello.

Esta ruta do Muíño dos Namorados comeza na desembocadura do regato de O Cairo no río Eo, punto no que tamén se conta coa Ruta do Ferrocarril. Está formada por 2 tramos enlazados, sendo o segundo de eles opcional.

O primeiro tramo é lineal, de 2,4 km (só ida) cun desnivel moi suave e vai seguindo o sendeiro paralelo ó regato de O Cairo, no cal vai facendo unha serie de saltos escalonados debido ós numerosos banzados que nel se levantaron para facilitar o rego dos pratos que antigamente existían nesa zona. Ademais do rego, a auga deste regato tamén se aproveitaba para mover os engranaxes de varios muíños repartidos ó longo deste percorrido, sendo os máis importantes 2 muíños que hai ao final deste tramo, próximos a Figueirarrúa.

O segundo tramo, opcional, é circular de 3,3km de percorrido, e lévanos pola aldea de Figueirarrúa para o que debemos salvar un desnivel moito máis pronunciado que o percorrido ata ese momento. Se nos decidimos por facer tamén este tramo, na parte final, antes de conectar de novo coa ruta principal, podemos ver na Mina de O Cairo, unha das numerosas catas que a Sociedad Minera de Villaodrid fixo estudando a viabilidade comercial mineral do ferro existente na zona.

ruta muineiro namorado pontenova

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19590997695923