O Concello da Pontenova acollerá varios obradoiros de dixitalización

AMariñaXa
Volven os cursos de natación na piscina municipal da Pontenova. serán infantís e adultos para os que haberá que anotarse
18 Feb 2024

O Concello da Pontenova acollerá varios obradoiros de dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na casa da cultura.

Xa está aberto o prazo para inscribirse e neles os participantes aprenderán “ traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982 342 277.

0.17167901992798