O concelleiro socialista de Riotorto acusa ao alcalde de persecución

TerraChaXa | AMariñaXa
O voceiro Socialista de Riotorto denunciou que o Concello acudiu ao seu domicilio particular para cortar o aceso á auga na súa vivenda.
jose garcia  psoe riotorto1
25 Jun 2021

O voceiro Socialista de Riotorto, José García, denunciou que dous operarios do Concello personáronse no seu domicilio particular para cortar o aceso á auga na súa vivenda particular.

O pasado mes de abril Jose García recibiu unha notificación da Alcaldía na que se lle requiría que subsanara deficiencias relacionadas co contador da súa vivenda. Con data 7 de maio, José García presentou as alegacións a este escrito explicando que estaba ao corrente dos pagos da auga no seu domicilio, aportando a documentación correspondente. Ademais explicou que na súa vivenda non existen dúas tubeiras do entronque da auga, tal como afirma que o Concello, senón que hai unha tubeira conectada á casa sen contador pero sen servicio, e que se instalou no seu día por si nalgún momento se realizaba un enganche a unha traída particular, realizada polos propios veciños de Espasande de Abaixo.

O Concello volveu a contestar a este escrito, con data 11 de maio, cun informe asinado polo secretario no que se di, no punto 1: existe una ordenanza reguladora de taxa pola prestación deste servizo do subministro de auga, onde só se regulan as cantidades a pagar polo mesmo. Non existe un regulamento onde se establezan por exemplo as características dos contadores para instalalos.

García cualifica estes feitos como un autentico atropello e unha persecución política cara a súa persoa. “O mesmo Alcalde presentou outro escrito na Deputación para preguntar por unhas obras que non realicei na miña vivenda”, insistiu. “O pasado mes de novembro denuncie, acompañada da secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, o proceso selectivo da contratación da muller do alcalde no Concello. E vou seguir traballando e denunciando todas e cada unha das cacicadas que vexa no Concello de Riotorto”, replicou.

“Por iso dende aquí quero anunciarlle ao Alcalde, que me cortou a auga, pero aínda no me cortou nin un milímetro das gañas de seguir traballando polo meu Concello, xunto coa miña veciñanza. Insisto, vou a seguir denunciando todas e cada unha das súas irregularidades, caia quen caia. As actitudes ditatoriais remataron con franquismo, pero en Riotorto parece que aínda están moi presentes”, resumiu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.077543020248413