O concelleiro focego de Relacións Institucionais participou nun programa sobre o cambio climático
O concelleiro focego de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030, Carlos García, participou nun programa de radio sobre o cambio climático que se emitiu desde o Castelo de Santacruz, sede co CEIDA, na localidade coruñesa de Oleiros, para máis de 300 emisoras municipais e comunitarias de todo o estado, entre elas Radio Foz. O edil falou do proxecto Foz2030 como exemplo de instrumento de traballo na sustentabilidade a nivel municipal.
Carlos García agradeceu a invitación a participar neste espazo, no que se referiu a accións ambientais desenvolvidas no concello de Foz, partindo do peche do vertedoiro de lixo de Malates, no ano 1999, e a recuperación medio ambiental da ribeira do río Masma, que se converteu nun bosque con especies autóctonas plantadas por escolares e membros de asociacións focegas. Tamén resaltou que Foz foi un dos primeiros concellos en levar os residuos á planta de tratamento coruñesa. O concelleiro propón que “o espírito medioambiental de Malates sexa un exemplo para os máis novos sobre a que edificar un conciencia de vila máis comprometida co medio”.
Á emisión do programa en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), asistiron un centenar de escolares da provincia da Coruña.
Esta iniciativa, denominada Onda ODS, terá continuidade desde o vindeiro luns 19 todos os días laborables ás 9 da mañá e ás 9 da noite. Está impulsada por Radiofusión, en colaboración con Emisoras Municipales de Andalucía, RTV Cardedeu La Xarxa e a Rede Estatal dos Medios Comunitarios. Onda ODS conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.