O complexo deportivo de Trabada acolle unha demostración de Pump Track o 11 de outubro

AMariñaXa
Kevin Broda e Iván García ofrecerán unha sesión práctica no complexo deportivo o 11 de outubro
TRABADA-Exhibicion-pump-track
4 Oct 2025

O Concello de Trabada organiza para o vindeiro venres 11 de outubro ás 11.30 horas, no complexo deportivo municipal, unha xornada de Pump Track dirixida a persoas de todas as idades que queiran achegarse a esta disciplina en auxe.

A actividade contará coa participación de Kevin Broda, piloto oficial Haibike, e de Iván García, campión galego de Pump Track, quen compartirán cos asistentes unha completa exhibición e explicacións técnicas.

A proposta é aberta a todo o público, totalmente de balde, e os organizadores animan a acudir con bicicleta propia para gozar da experiencia. O único requisito é levar casco de protección, xa que a seguridade será unha prioridade.

Desde o Concello sinalan que se trata dunha oportunidade para “descubrir un deporte espectacular, en contacto directo coa bicicleta e a velocidade, pensado para aprender e divertirse ao mesmo tempo”.

⚙ Configurar cookies
0.12845897674561