O comité trata de frenar o ERE de Vestas e eles ofrecen 20 novos postos de traballo
Hoxe tivo lugar a nova xuntanza dentro do período de consultas do Ere dos traballadores de Vestas para buscar solucións que garantan a continuidade do emprego na factoría de Viveiro.
Segundo informan dende o comité de empresa, "rematou a reunión despois de 5 horas intentando razonar coa directiva da empresa e preguntar porqué non podemos fabricar nós unha parte da producción posto que está medrando de maneira significativa e seguirá a medrar nos próximos anos. Pero nada, Vestas quere matar a producción en Viveiro si o si".
Por outra banda, queren prorrogar unha semana máis o período de consultas o que fai parecer un avance para buscar solucións, "pero Vestas esta unicamente interesada en armar a defensa contra unha decisión xudicial, vainos acosar a reunións no tempo que queda para deixar constatado que negociaron moito con nós".
"O mismo tempo presentou unha segunda lista con 20 postos que son de nova creación e que anunciaron minutos antes de rematar a reunión", engaden dende o comité, "a solución pasa desde sempre, e segue pasando por unha intervención política como pode ser unha venta a un inversor externo".
"Vestas non regala nada e o que temos igual de claro a estas alturas e que queremos unha solución para todos e queremos un traballo na Mariña, e vamos a seguir loitando por esa solución", comunicaron.
Este luns 25 volverán á mesa industrial e verán se a administratión renova o seu ese compromiso.