O comité pide unha reunión para impulsar a venda de Alcoa

AMariñaXa
O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, volveu pedir axilidade nas negociacións coa Sepi.
vista aerea alcoa san cibrao
23 Mar 2021

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, volveu pedir axilidade nas negociacións coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi) para a venda da factoría. Así mesmo pediu unha reunión urxente a Ministerio e Xunta "para saber exactamente no punto no que estamos".

O comité de empresa participou onte na reunión multilateral requerida no trato entre as partes para levantar a folga e avanzou algúns dos atrancos burocráticos do proceso de venda e dos que informaron aos membros do comité.

Así mesmo, Alcoa comezou xa cos traballos técnicos para proceder á división da fábrica mentres o comité urxe chegar a un acordo e que se "dean pasos firmes e sólidos" para levar a cabo a compra.

0.19298982620239