O comité de Vestas manifestarase polo peche da empresa
O presidente do comité de Vestas en Viveiro, David Mariño, trasladou que levarán a cabo unha xuntanza dos traballadores o próximo sábado 25 na praza de Viveiro.
Así o decidiron logo dunha xuntanza do comité de Vestas, "espero que se trate dun acto de unión e fraternidade, de familias e amigos dos traballadores, unha mostra do que nos une e nos fai sentir orgullosos do noso traballo e da nosa comarca", dixo Mariño.
"Espero que todos vos animedes a pasar e dar o voso apoio. Lembrade tamén que seguiremos concentrándonos diariamente as 10.30 horas no centro de traballo, diante das portas da fábrica durante o noso tempo de descanso", rematou.
O comité de empresa de Alcoa tamén manifestou o seu apoio e respaldo aos compañeiros de Vestas tralo anuncio. Así mesmo, ofrecen a súa total colaboración para todo o que precisen “entendendo que nestes momentos de crisis é prioritario o mantemento dos postos de traballo e da industria en particular, sen a que sería imposible a recuperación do país”.
Por outra banda o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, recibirá ao Comité de Empresa de Vestas o vindeiro luns 27 de setembro ás 14.00 horas na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.