O comité de empresa pide que se lles informe de maneira oficial sobre a venda de Alcoa

AMariñaXa
Según afirmaban dende o comité de empresa hai apenas uns días, descoñecían se se presentaran ofertas, xa que a compañía non os informara de maneira oficial ata o momento
mesa-seguimentao-alcoa-4-abril-2024
Mesa seguimento Alcoa
23 Maio 2024

O proceso de venda do complexo de Alcoa en San Cibrao continúa a provocar certa incerteza entre os traballadores. Según afirmaban dende o comité de empresa hai apenas uns días, descoñecían se se presentaran ofertas, xa que a compañía non os informara ata o momento.

A situación cambiou lixeiramente, xa que segundo as últimas informacións indicábase que a compañía estaba a revisar posibles propostas, aínda que non transcenderon moitos máis detalles. Esta actitude está a provocar un certo malestar entre o comité de empresa que lamenta que non lles comunique os avances.

Deste xeito, piden que se lles informe de maneira oficial sobre o proceso de compra do complexo mariñán. Neste senso, nos últimos días tamén se pronunciaron sobre os acordos e sobre as “ameazas” de William F. Oplinger, presidente de Alcoa.. “O único que esiximos é que se cumpra cada un dos parágrafos do que teñen firmado”, sinalan dende o comité. “Non pode ser que estea con ameazas un señor que en menos dun ano firmou un acordo e avalou que se ían cumprir unha serie de inversións”.

0.16381502151489