O comité de empresa de Alcoa urxe unha reunión de seguimento

AMariñaXa
O comité recorda que o acordo establece que as reunións deben celebrarse de forma mensual durante os primeiros seis meses
mesa-seguimentao-alcoa-4-abril-2024
3 Out 2024

O Comité de Empresa de Alúmina de San Cibrao informoa que solicitou, por segunda vez, a celebración da 19ª reunión de seguimento do Acordo de Viabilidade. O comité recorda que o acordo establece que as reunións deben celebrarse de forma mensual durante os primeiros seis meses e de maneira trimestral a partir de entón. A última destas reunións tivo lugar o 12 de xuño de 2024, polo indica que agora corresponde realizar a do terceiro trimestre.

A nova solicitude foi feita o pasado 24 de setembro, e ata o momento non houbo resposta oficial para a súa celebración Ademais, o comité fixo un chamamento ao Goberno de España para que manteña o mesmo nivel de implicación que a Xunta de Galicia, e solicita a asistencia do Ministro de Industria, Jordi Hereu, e da Vicepresidenta e Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. O Comité de Empresa comprométese a seguir informando sobre a evolución deste proceso.

0.12629914283752