O comité de empresa de Alcoa segue coas protestas á espera da deicisión do Tribunal Supremo
O comité de empresa de Alcoa comezou hoxe de madrugada as mobilizacións na estrada que da entrada á factoría cervense. Así dende moi cedo comezaron as protestas cortando o devandito acceso con barricadas de lume.
Dende o comité informaron que continuarán durante toda o día de hoxe con protestas nas portas de Alcoa en San Cibrao pois o Tribunal Supremo atópase reunido para decidir sobre a sentenza do xuízo do ERE de Alcoa que afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio primario de San Cibrao.
O Tribunal Supremo terá que tomar unha decisión en relación co recurso exposto por Alcoa contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o ERE formulado pola multinacional para o despedimento dos traballadores.
Segundo comunicou José Antonio Zan, voceiro do comité, "os traballadores deben acudir ás protestas coa súa roupa de traballo, así como levar lanternas e candeas".