O comité de empresa de Alcoa pide recuperar o poder adquisitivo perdido
O comité de empresa de Alcoa mantivo unha reunión coa representación da empresa con motivo da negociación do cambio substancial do incremento salarial do persoal de función directiva. Para valorar este cambio, os traballadores pediron a documentación do incremento salarial dos últimos 5 anos, o incremento fixo máis os axustes dos últimos 5 anos e cal é o importe, os incrementos separados por xénero para ver se o axuste é repartido equitativamente e descricións do posto de traballo de todos os PFD´s, as taboas salariais e o sistema de valoración.
Aseguran que a compañía entrega toda a documentación agás os incrementos salariais dos últimos 5 anos e unha táboa de importes xerais de retribucións, alegando que o resto de información entregarana en caso de chegar a un acordo. Para poder realizar unha proposta máis concreta necesitan, afirman, a documentación solicitada polo que lles deron unha marxe de 5 días.
Pero, como non se resolveu esta petición, os traballadores piden que se recupere o poder adquisitivo perdido dende o 2018 entre as subidas realizadas e a subida do IPC e que todos os PFD´s poidan pasar a convenio, creando novos niveis. Deste xeito, dende o comité sinalan a perda do poder adquistivo do colectivo PFD´s nos últimos 5 anos e manteñen a dúbida de se o novo sistema vai a ser positivo ou vai a supoñer unha perda de novo do poder adquisitivo. Polo momento, esperan unha contestación por parte da compañía á proposta así como a entrega da documentación solicitada.