O comité de empresa de Alcoa participará nunha nova reunión de seguimento
									AMariñaXa								
			Esta convocatoria prodúcese tras a denuncia por parte do comité de desprezos por parte da empresa cara ós traballadores
 					
					
Mesa de seguimento
			
			31 May 2024
			
				O comité de empresa de Alcoa recibiu a convocatoria para unha nova reunión de seguimento. A décimo oitava mesa de seguimento será o vindeiro 12 de xuño no Ministerio de Industria. Esta convocatoria prodúcese tras a denuncia por parte do comité de desprezos por parte da empresa cara ós traballadores.
Aseguran deste xeito que non dispoñen de informacións suficientes ata o momento e que esperan reunir máis datos na vindeira reunión de seguimento.