O comité de empresa de Alcoa non acepta a oferta da multinacional pero manterá a paz social
O comité de empresa de Alcoa, reunido para valorar a oferta da multinacional á Goberno que encabeza na negociación Reyes Maroto, cualificou de "inaceptables" os termos da proposta da multinacional na que reclama un abaratamento da enerxía para deixar ao marxe do proceso á SEPI.
O comité polo tanto, rexeita esta proposta pero si dará 15 días máis de prazo de paz social para que se produzan dous feitos, por unha parte facer unha reunión entre o Goberno central, a Xunta e os sindicatos tal e como se solicitou á ministra.
Así mesmo, esixen unha renión destas tres partes tamén con Alcoa para chegar a un acordo que sexa factible para todas as partes.
Segundo indica o comité "o obxectivo é buscar unha saída negociada que permita a venda da planta antes do 30 de setembro de 2021 tal e como prometera a ministra Maroto".