O comité de empresa de Alcoa négase a renegociar coa compañía
Na última asemblea realizada, o comité de empresa de Alcoa trasladou que non van a renegociar coa multinacional ningún cambio no acordo de viabilidade da fábrica. O presidente do comité, José Antonio Zan, tamén asegura que esixirán que a participación da SEPI e do Igape nun hipotético proceso de venda da fábrica e pídenlle ás administracións un prezo competitivo da enerxía que garanta a viabilidade do complexo.
Ademais, solicitaron unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; coa directota xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría e co secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández para recibir información sobre o embalse de lodos e os parques eólicos da Xunta de Galicia.
Tamén piden unha reunión co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Bestgeiro, e a socialista Patricia Otero para informarse da situación dos parques de transición ecolóxica que “seguen sen aprobarse”. Por último, demandan un encontro coas asesorías xurídicas da Xunta e do Goberno para traballar co comité e sindicatos sobre “os posibles delitos de estafa, sabotaxe, alzamento de bens e rutura da paz social ao romper o convenio e os acordos firmados”. Tamén lle piden a Alcoa, “por escrito e en medios de comunicación, a autorización e aprobación da inversión para realizar o recrecemento ata a cota 104 e así aforrar os dous meses que leva este trámite”.