O comité de empresa de Alcoa denunciará o incumprimento do acordo de viabilidade

AMariñaXa
Segundo trasladan dende o comité de empresa a denuncia contemplará posibles delitos de descapitalización, estafa, substracións de bens e outros
alcoa-balsa-lodos-vermellos
17 Out 2024

O comité de empresa de Alcoa comezará os trámites de estudo para levar a cabo unha denuncia polo penal no referente ao incumprimento por parte da empresa do acordo de viabilidade. Segundo trasladan dende o comité de empresa a denuncia contemplará posibles delitos de descapitalización, estafa, substracións de bens e outros tras consultar varios penalistas.

Ademais, dende o comité aseguran que representantes da empresa que estiveron presentes na negociación do ERE deron charlas explicativas por varios departamentos e que mesmo participaron en xuízos co obxectivo de despedilos, polo que piden que teñan "a cabeza fría". O comite, como parte interesada na tramitación da ampliación do DBR, tamén aprobou "persoarse nas denuncias presentadas por asociacións ecoloxistas (Petón de Lobo e Ecoloxistas en Acción" que buscan clausurar o depósito e en consecuencia pechar o cpmplexo e despedir a todos os traballadores".

0.20120906829834