O comité de empresa de Alcoa denuncia que levan 3 meses sen reunirse coa Xunta

AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa denuncia un “abandono claro” por parte da Xunta, que  pesar de “insiste sempre na importancia do proxecto levan 3 meses sen reunirse co comité"
mesa-seguimentao-alcoa-4-abril-2024
31 Xul 2024

O comité de empresa de Alcoa denuncia un “abandono claro” por parte da Xunta, que  pesar de “insiste sempre na importancia do proxecto levan 3 meses sen reunirse co comité para continuar coas mesas técnicas”. Aseguran que ven ao novo presidente da Administración autonómica “moi involucrado con futuros proxectos deixando á Mariña e aos seus traballadores de lado”.

Lembran que o 16 de xuño solicitaron unha reunión coa Xunta para bordar o tema da aprobación do DBR pero, “tras recibir a contestación de que se realizará nunhas semanas”, seguen á espera de manter esa reunión. Lamentan así a falta de compromiso do gobernó autonómico, “xa que o novo goberno só se reuniu co comité unha vez”.

Defenden que a Xunta foi a que “asegurou en decembro do 2021 que o permiso estaría para xuño do 2022”. Afirman que na reunión técnica celebrada o 6 de maio comiscóuselles que unha vez que o proxecto pase de Saúde Pública a Medio Ambiente o proceso para a autorización sería “moi breve xa que teñen moitos temas celebrados”. Posteriormente, na reunión de seguimento celebrada o 16 de xuño en Madrid comunican que o proceso xa está en Medio Ambiente pero, mes e medio despois, “a autorización segue sen chegar”.

0.1682767868042