O comité de empresa de Alcoa denuncia que Alúmina quere impoñer cambios laborais sen negociación

AMariñaXa
A planta de produción de Alúmina de San Cibrao pasou a ser propiedade na súa totalidade da multinacional estadounidense Alcoa, que completou a operación de compra da sociedade australiana Alumina Limited.
alcoa-vista-google-1
8 Ago 2024

A planta de produción de Alúmina de San Cibrao pasou a ser propiedade na súa totalidade da multinacional estadounidense Alcoa, que completou a operación de compra da sociedade australiana Alumina Limited. O comité de empresa denuncia que a compañía quere realizar un cambio nas condicións dos traba sin negocialo “de mala fe como de costume, volvendo a facer subxectiva a parte variable do soldo dos PDF´s”.

Dende o comité aseguran que recibiron unha convocatoria de reunión de Domingo Monaserio en nome de Alúmina para abrir consultas sobre os cambios das condición de traballo dos PFD´s. Aseguran que a xuntanza finalmente non se realiza pola ausencia do convocatante, o que consideran “unha falta de respecto e unha actuación de mala fe por parte da compañía que se inicie o período de negociación en plena tempada vacacional, xa que esto non entraría en vigor ata o mes de marzo de 2025”.

Nunha reunión posterior infórmanlles de que o período de negociación de 15 días comeza o 8 de agosto, unha actuación á que os traballadores lle lembran que “ten que cumprir a lei que di que primeiro ten que dar un prazo de 7 días para formar a mesa negociadora”.

Según trasladan, os cambios consisten en que a actualización salarial dos PFD´s non vai a ser unha cantidade igual para todos como se viña facendo dende o ano 2018, “senón que vai a ser segundo os méritos desempeñados como se facía antes do ano 2018”. A empresa enviaría así un presuposto para cada planta e en función diso asignaráselle a cada PFD unha cantidade seugndo o seu mérito de desempeño.

“Tamén informan que isto é algo que vén implantado a nivel mundial desde Pittbutgh, aínda que o seu abono será segundo os obxectivos de cada país e mercado”. Por outra banda, o comité explica que argumentan este cambio imposto con melloras na comunicación dos obxectivos, supervisión destes, maior motivación e eficiencia. Finalmente, Alúmina citou ao comité de traballadores para a primeira reunión do período de negociación o vindeiro día 16 de agosto.

0.21781086921692