O comité de empresa de Alcoa denuncia o "abandono" por parte da Xunta

AMariñaXa
Solicitan unha reunión para dar a coñecer a situación actual da aprobación do DBR
alcoa-xunta-traballadores-reunion-decembro-2023
29 Ago 2024

O comité de empresa de Alcoa volveu a solicitar á Xunta de Galicia unha reunión nas instalacións do comité de empresa para dar a coñecer a situación actual da aprobación do DBR e os parques eólicos e solicitar a urencia destes permisos, xa que sinalan que son temas de vital importancia para  a continuidade da planta.

Esta reunión aseguran que xa se solicitara o 18 de xuño, pero que non tiveron resposta, polo que volveuse a solicitar o 27 de xuño. Actualmente, esa xuntanza non se produciu, o que significa para eles “unha deixadez e un abandono por parte da Xunta de Galicia en temas de vital importancia para o futuro do complexo industrial e da comarca da Mariña”.

Deste xeito, dende o comité solicitan manter unha reunión con Pablo Fernández Vila, director Xeral Planificación Enérxetica e Minas; Paula Uría directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático; María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climática o presidente da Xunta Alfonso Rueda.

0.20111703872681