O comité de empresa de Alcoa denuncia desprezos da compañía cara ós traballadores
AMariñaXa
Aseguran que non dispoñen de informacións suficientes e que esperan reunir máis datos na vindeira reunión de seguimento
Reunión de traballadores en abril
29 Maio 2024
O comité de empresa de Alcoa solicitou o venres 24 unha reunión de carácter urxente da mesa de seguimento tras as últimas información da empresa. Asegura que a empresa “sigue desprezando tanto ao comité coma aos traballadores á hora de realizar as súas comunicacións”.
Tras as últimas informacións nas que se asegura que a compañía analiza distintas ofertas para o proceso de venda en San Cibrao, o comité asegura que non dispón da información suficiente para facer unha valoración, datos que esperan reunir na vindeira reunión de seguimento, que está pendente de convocatoria.