O comité de empresa de Alcoa decidirá o 17 de outubro se volven ou non as mobilizacións

AMariñaXa
Alcoa nomea xefe de operacións da planta de Aluminio de San Cibrao a Rubén García. É enxeñeiro industrial e incorpórase o 8 de maio
alcoa bombeiros loita 2023 outubro
6 Oct 2023

O comité de empresa de Alcoa celebrou un Pleno extraordinario para falar sobre a nova situación xerada tralo anuncio da multinacional estadounidense de parar a produción na fundición de aluminio de San Cibrao.

Así, veñen de convocar aos traballadores a unha asemblea, que terá lugar o 17 de outubro, para decidir se volven ou non as mobilizacións e as medidas a tomar.

Fai uns días Alcoa informou dun paro temporal na fundición de aluminio, a parte da empresa que se mantiña activa trala fase de hibernación co apagado das cubas de electrolisis, para así poder executar os investimentos previstos para a súa modernización antes do rearranque en 2024.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explicouque solicitarán unha reunión urxente coa dirección da empresa así como con representantes do Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia e os diferentes avogados e servizos xurídicos, para ver "en que punto queda o acordo entre a multinacional e os seus traballadores coa parada da fundación".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18365597724915