O Comité de empresa de Alcoa convoca unha nova concentración

Desde o Comité de Empresa de Alúmina-Aluminio Alcoa convocan o próximo sábado 11 de xaneiro unha concentración na Praza do Concello de Xove ás 20.00 horas.
"Pola defensa do futuro da Mariña esiximos a implicación dos gobernos de España e da Xunta de Galicia na resolución do problema. A única forma que hai de salvar a Mariña é loitando", manifesta José Antonio Zan, presidente del Comité de empresa.