O comité de empresa de Alcoa colabora estes días cunha pequena axuda para comida
O comité de empresa de Alcoa está a colaborar estes días cunha pequena axuda para comida. Nesta ocasión agasallaron con 500 euros a Caritas. Tamén teñen outra achega prevista e que se entregará en próximas datas a Cruz Vermella Burela.
"Como nestas datas todos os anos o comité ten a obrigación moral de apoiar aos que máis o necesitan da comarca que tanto nos apoiou", dixeron dende o comité.